miércoles, 10 de abril de 2024

DEPORTISTAS. OLIMPIADAS 2024


 ¡Hola chicos y chicas de 2º! Vamos a conocer más a algunas deportistas que participaron en distintos Juegos Olímpicos. Os dejamos unos enlaces en los que debéis buscar alguna información para responder a las preguntas que os planteemos en el aula. Esperamos que os guste realizar el trabajo y que después disfrutéis con el "Quién es quién" resultante de esta propuesta.

Nadia Comaneci

Nadia Comaneci II

Nadia Comaneci III

Ana Peleteiro I

Ana Peleteiro II

Ana Peleteiro III

Teresa Portela I

Teresa Portela II

Teresa Portela III

Alice Coachman

Alice Coachman II

Wilma Rudolph

Wilma Rudolph II

Cathy Freeman

Marit Bjørgen I

Marit Bjørgen II

Susana Rodríguez Gacio

Desirée Vila I

Desirée Vila II

Desirée Vila III


lunes, 19 de junio de 2023

PROPOSTAS PARA O VERÁN

 Dado que chegamos a final de curso déixovos unhas propostas que vos poden servir para repasar na materia de Lingua Galega:

- Lectura de libros que vos gusten. Podedes realizar un traballiño dos mesmos con:

. Título

. Autor/a

. Ilustrador/a

. Debuxo voso que represente ao libro escollido

. Pequeno resumo

- Escoitar programas de radio infantís

- Lectura de noticias de prensa da vosa interese

- Redaccións libres: mellor se tedes a alguén que lles bote un vistazo e vos poida correxir os escritos

Se queredes algo máis global e que serva de repaso para diferentes materias propóñovos estos dous cadernos de repaso do nivel de quinto que vos poden ser de utildidade:



ESPERO QUE DISFRUTEDES DAS VACACIÓNS!!!


domingo, 18 de junio de 2023

ORTOGRAFÍA DA X/S

 Déixovos uns enlaces para que poidades repasar a ortografía x/s. 

Ortografía da x e s (Lede a teoría antes de realizalos)

Ortografía x/s II

Repaso xeral de ortografía (Nesta páxina aparecen distintos exercizos para realizar un repaso xeral de ortografía, podedes seleccionar os de x/s; pero tamén podedes realizar outros para repasar)

Espero que vos sexan de utilidade!


domingo, 14 de mayo de 2023

VISITA DE MARICARMEN AO NOSO CENTRO

 O pasado xoves recibimos a visita de Maricarmen, unha avoa da nosa aula, ao noso centro. O alumnado tiña unha serie de preguntas preparadas (por equipos) acerca da alimentación: comparación da alimentación da infancia e xuventude da avoa coa actualidade, conservación dos alimentos cando ela era xoven, comidas tradicionais daquela época, lugares de compra dos alimentos, transportes dos mesmos, comidas típicas e celebracións,....Como vedes, a entrevista foi moi completa.

A nós resultounos entrañable a visita de Maricarmen. De seguro que todos os nenos/as aprenderon moito coas súas respostas!!

Déixovos unhas fotos para rememorar a sesión:












lunes, 8 de mayo de 2023

ADELINA E O SEU HORTO ECOLÓXICO

 
O outro día recibimos a visita de Adelina, da que seguro que aprendéstedes moitos aspectos acerca das plantas e os seus coidados. Ela é unha boa coñecedora da horta e os "mimos" que a mesma require para dar uns froitos ricos e sans. Ao mesmo tempo coñece ben o clima e como o mesmo afecta ás recoleccións das froitas, verduras, hortalizas,...Tamén vos falou de como os produtos que escollemos teñen unha acción directa no noso metabolismo e saúde. De maneira que o que veu a ensinarnos é moito máis que unha "planta bonita", nunca mellor dito.

Espero que disfrutarades da visita e que aprenderades algunha lección aplicable no voso día a día.


domingo, 23 de abril de 2023

OS VERBOS

 



Déixovos estes enlaces para que repasades os tempos dos verbos que estamos practicando e tamén as formas persoais e non persoais:







Tempos dos verbos, conxugacións,...

Os tempos dos verbos


Espero que vos sexan de utilidade para repasar eses contidos!

ADIANTE!!

viernes, 14 de abril de 2023

ANÁLISE SINTÁCTICA E MORFOLÓXICA


 Imos continuar practicando a análise sintáctica e morfolóxica de diferentes oracións, así que vos deixo estas catro para que poidades seguir repasando. 

Será a tarefa que levaredes o luns para poder correxir o martes entre todos/as.

Recordade poñer título e empregar os códigos de cores.

1. A gata tivo dous gatos de cor marrón.

2. Deixeiche a roupa limpra sobre a túa cama.



3. Os meus curmáns asistirán mañá á entrega de medallas.

4. A rapaza vietnamita levaba un bonito vestido de seda.

Non dubidedes en consultar a teoría do caderno se tedes algunha dúbida.

ÁNIMO!!